Escoitar

Chocolatada popular en Castrelos

O Museo de Castrelos organiza unha gran chocolatada popular como acto final das actividades que se realizaron esta semana con motivo do Día Internacional dos Museos. A chocolatada , gratuíta, será o sábado día 22 ás 18.30 horas na pradería do Pazo.

venres, 21 mai 2004
A Festas da Chocolatada durará entre ás 17 e ás 20 horas con xogos tradicionais para nenos e nenas, actuacións de regueifeiros, cantareiras, etc...

Os responsables do Museo manifestaban que "chegou ao noso coñecemento unha vella tradición do pazo de Castrelos: os marqueses, en determinadas épocas do ano, como o nadal ou pola primeira comuñón dalgún da parroquia, convidaban ós nenos e nenas da veciñanza a un chocolate."

Con motivo do Día Internacional dos Museos, dedicado nesta edición ao patrimonio oral e as costumes, o museo municipal quere recuperar esta tradición convidando a todos os nenos e nenas a xogar e tomar un chocolate na pradería do xardín histórico do pazo sempre que o tempo o permita. Será ás 18.30 h.

A actividade está feita en colaboración coas Federacións de AAVV "Eduardo Chao" e de Peñas Recreativas "El Olivo"; e os departamentos de Relacións Públicas e Cultura do Concello de Vigo.