O venres remata o prazo para participar no Día da Muiñeira
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza o " Día da Muiñeira" o próximo domingo 6 de xuño, polo que as entidades interesadas en participar poderán facer dende ata o 28 de maio a súa inscrición.<br />
O Día da Muiñeira organízase en colaboración coa Escola Municipal de Danza e de El Corte Inglés e consiste na interpretación, por parte de cada grupo participante das danzas muiñeira, xota e ribeirana.
Os grupos interesados en participar neste acto deberán realiza-la súa inscrición na secretaría da Escola Municipal de Danza entre os días 26 de abril e 28 de maio, ambos inclusive, de luns a venres en horario de 10.00 a 12.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas.
Así mesmo, tódolos grupos inscritos deberán recoller o plano de situación na secretaría, entre os días 31 de maio e 4 de xuño. Os grupos participantes que superen os 25 compoñentes, a organización enviaralles un autobús ao punto que indiquen na solicitude de inscrición
A rúa Venezuela será o lugar onde , o día 6 de xuño a partir das 12 horas , terá lugar a celebración do Día da Muiñeira.
Descargar todas as imaxes