Escoitar

Aprobado o padrón fiscal de recollida do lixo

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o padrón fiscal de recollida do lixo de vivendas que ascende a 121.03 inscricións por un importe de 7.733.412,30 euros, e o padrón fiscal de Exaccións Unificadas de Industriais ( taxa de lixo industrial e comercial e taxas por entradas de vehículos e reserva de aparcamento) por un importe total de 5.470.988,53 euros e 19.360 inscricións.<br />

luns, 24 mai 2004
O Goberno aprobou tamén o texto do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación Secretariado General Gitano por un importe de 31.121 euros. Este convenio amparase no Plan Municipal de Emprego que contempla a sinatura de convenios de colaboración con entidades que traballan na integración e menciona, especificamente, a colaboración coa Fundación Secretariado General Gitano nas accións dirixidas á loita contra as graves dificultades de integración laboral da poboación xitana, no marco do programa plurirrexional de loita contra a discriminación do Fondo Europeo 2000-2006.