Cambios de tráfico na zona de Urzaiz
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de urbanización na rúa Urzáiz, cortarase o carril descendente desta, no tramo entre Cervantes e República Arxentina, dende mañá, mércores 26 de maio de 2004 ás 00:00 horas, e por un período aproximado de tres semanas.
No mesmo momento reabrirase ao tráfico a rúa Cervantes, en sentido descendente, para os vehículos de gálibo superior a 2,5 metros e para vehículos de transporte público.
O resto dos vehículos que procedan tanto do tramo alto de Urzáiz como de Gran Vía continuarán a baixar por Lepanto e Afonso XIII.
O resto dos vehículos que procedan tanto do tramo alto de Urzáiz como de Gran Vía continuarán a baixar por Lepanto e Afonso XIII.