Reunión do Foro da Sustentabilidade de Vigo da Axenda 21 Local
O Foro da Sustentabilidade de Vigo celebra o mércores a segunda reunión de traballo co obxectivo de deseñar unha estratexia de desenvolvemento sostible para Vigo, que permita a consecución dunha calidade de vida hoxe que non comprometa a calidade de vida das xeracións futuras. A Axenda 21 Local é un proxecto estratéxico para a cidade que pode determinar a súa capacidade de ofrecer mellores condicións de vida para o conxunto da cidadanía, freando e corrixindo as dinámicas non sustentables.
A próxima cita do Foro, que xa celebrou a súa primeira xuntanza o pasado 28 de abril e na que participaron 84 persoas de distintas organizacións da cidade, será o mércores 26 de maio, a partir das 19 horas no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro, na avenida de Beiramar, número 55. Nel os participantes, adscritos a cada unha das cinco Mesas Temáticas identificadas como prioritarias na primeira reunión, iniciarán o diagnóstico sobre a situación do municipio respecto de cada área. Esta fase de diagnóstico contará cunha reunión máis antes do verán e pecharase á volta do mesmo, para pasar, a partir de aí, a unha fase de ideación e priorización de liñas para un plan de acción.
Como xa sucedeu na primeira reunión, o Foro adopta unhas metodoloxías de traballo que favorecen a participación activa de todos e cada un dos asistentes, así como un clima de traballo e de diálogo orientado á análise das problemáticas, ao contraste e integración de puntos de vista e, finalmente, á busca de consenso. Especialmente importante é o carácter deste espacio de participación como espacio de encontro e contraste de diferentes perspectivas de abordaxe dos problemas: a cidadá, a dos distintos axentes implicados en cada tema e a perspectiva técnica, achegada tanto polo equipo auditor da axenda 21 Local, como por técnicos municipais de distintos departamentos.
As cinco Mesas Temáticas priorizadas e sobre as que se vai traballar no Foro son:
Mesa 1: Conciencia cívica, identidade, educación en valores e participación cidadá.
Incorpora as problemáticas identificadas en torno á falta dunha educación cívica, medioambiental e en valores, a falta dunha conciencia colectiva e un liderato social e a falta de espacios de encontro entre as institucións e a cidadanía que favorezan a participación cidadá nas políticas e planificación da cidade.
Mesa 2: Contaminación e protección do medio ambiente.
As problemáticas detectadas foron de contaminación atmosférica, acústica e a derivada de vertidos e xestión de residuos, así como a degradación dos espacios naturais, como o litoral costeiro, as ribeiras dos ríos e regatos e o conxunto dos espacios naturais.
Mesa 3: Planeamento e modelo de cidade.
Identifícase a falta de definición dun modelo de cidade a longo prazo, que integre o medio ambiente, o desenvolvemento social e o desenvolvemento económico local. Este modelo debe orientarse á humanización do espacio e a facilitar o encontro cidadán.
Mesa 4: Mobilidade, transporte e accesibilidade.
O sistema de mobilidade e transporte ten moita relevancia na habitabilidade do espacio público, na calidade ambiental e na ecoeficiencia. Formúlase a necesidade de definir un modelo de mobilidade que prime os desprazamentos peonís e en transporte público e que atenda a necesidades de accesibilidade de todos os colectivos sociais.
Mesa 5: Marxinación, pobreza e desemprego.
Póñense en relación as problemáticas de marxinación, pobreza, desemprego e precariedade coa carencia dun modelo de desenvolvemento local sostible.
Ademais das persoas que tomaron parte desta primeira reunión, as mesas temáticas están abertas a todas aquelas organizacións, profesionais e cidadáns a título particular que queiran incorporarse á Axenda 21 Local de Vigo. As manifestacións de interese son recollidas polo Equipo de Participación Social no teléfono 986 126 010 ou a través do correo electrónico, cidadania@rede-cidadania.com
Descargar todas as imaxes