A compañía MC4 DANÇA de Oporto representa "Inquietude"
O Festival Alternativo de Teatro e Danza programa para o mércores 12 de maio no Auditorio Municipal ás 20.30 h. a representación da obra "Inquietude" da compañía MC4DanÇa de Oporto.O Festival está organizado pola concellería de Festas e o grupo Noescafé Teatro.<br />
A sipnose da obra dí que "a velocidade das cousas fannos traspasar o noso propio tempo. O tempo tórnase testemuño de si mesmo e a partir diso créase un futuro, austero, cruel e, ás veces, inintelixíbel. Quen somos nós ? Humanos ? Xorde unha "inquedanza"en relación ao saber, á normalidade, á singularidade, á nosa cidadanía, á individualidade, ao humor, ás emocións, ao espazo, e á nosa propia sensualidade. Imos á procura das inquedanzas do corpo, da alma e da mente."
A dirección e coreografías da obra está a cargo de Jeferson Petrillo Nunes
O Vestiario é de Olga Rego. A música orixinal é de Tilike Coelho e o deseño iluminación faino Sérgio Juliao. Danzan : Ana Castro, Ana Montalvão, Jeferson Petrillo Nunes, Sara Rodrigues, Miguel Vale. Paula Aguas participou no vídeo.
A MC4 - Companhia de Dança, é unha compañía independente creada en 1999. O traballo da Compañía procura retratar a realidade do seu tempo, cuestionando e estimulando a reflexión sobre o home nos seus mais variados aspectos.Nos seus traballos coreográficos procuran definir unha estética propia baseada na súa investigación. As súas coreografías se caracterizan pola fisicalidade, expresión teatral, por veces utilizando o humor como forma de cuestionar e desconstruir un certo formalismo de ideas e comportamentos establecidos.
Para esto utilizan nos seus traballos tecnoloxía multi-média como o vídeo e computadores, alén de música orixinal, poesía, música en vivo, canto, etc. No ano de 2003 a MC4 - Compañía de dança, completou cinco anos e xa conta com once produccións.
Descargar todas as imaxes