mércores, 12 mai 2004
Jean Gaumy ( Pointaillac, Francia, 1948) expón a súa obra na Casa das Artes de Vigo entre os días 13 de maio e 4 de xuño, nunha mostra que trae a Fundación CaixaGalicia e colabora a concellería de Cultura. Gaumy é un dos fotógrafos actuais máis coñecidos que, por primeira vez, expón en España en colaboración con Magnum e a axencia Contacto. A exposición leva por título "Pleine mer".
mércores, 12 mai 2004
A Xerencia Municipal de Urbanismo celebra sesión o xoves, día 13 de maio, ás 10 horas , na que se tratarán entre outros asuntos da contratación da asistencia técnica para redactar o Plan Especial Ensanche-Cidade Central de Vigo en substitución do actual PEEC de 1990.
mércores, 12 mai 2004
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentaba esta mañá o espectáculo deportivo protagonizado polos Harlem Globetrotters que se celebrará no pavillón de As Travesas o sábado 22 de maio ás 21 horas.