Escoitar

A dureza da pesca no Gran Sol centra a exposición de fotógrafo Jean Gaumy

Jean Gaumy ( Pointaillac, Francia, 1948) expón a súa obra na Casa das Artes de Vigo entre os días 13 de maio e 4 de xuño, nunha mostra que trae a Fundación CaixaGalicia e colabora a concellería de Cultura. Gaumy é un dos fotógrafos actuais máis coñecidos que, por primeira vez, expón en España en colaboración con Magnum e a axencia Contacto. A exposición leva por título "Pleine mer".

mércores, 12 mai 2004
1084362072jean.jpg
A mostra está composta por 29 fotografías de gran formato e un DVD de 12 minutos de duración, que está integrado na exposición e se proxecta na propia sala. As obras expostas forman parte das mais de 120 fotografías que compoñen o seu libro "Pleine Mer", no que Gaumy retrata con detalle a vida cotiá a bordo dos pesqueiros de altura, a dureza das faenas de pesca no Gran Sol, con enormes olas , e os momentos de descanso. Ase mesmo, a exposición inclúe fragmentos dos diarios de Gaumy escritos durante a realización dese traballo.

As fotos tomáronse desde os buques Koros e Rowanlea, vellos arrastreiros no que os mariñeiros estaban expostos ás inclemencias meteorolóxicas por ser barcos a ponte descuberta.

Gaumy colabora como redactor e fotógrafo nun diario rexional á vez que termina en Rouen os seus estudios universitarios de letras de 1969 a 1972. Entrega as súas primeiras fotografías en 1972 á axencia Viva, despois entre en 1973 no staff de fotógrafos da axencia Gamma antes de unirse en 1977 á axencia Magnum. En 1975-1976 obtén autorización para fotografiar os diferentes servicios dun hospital francés. Máis tarde ( 1976-1979), será o primeiro fotoxornalista admitido nas prisións francesas. Realizou numerosos traballos en Europea, África, América Central e Oriente Medio, en especial en Irán, onde viaxou con frecuencia entre 1986 e 1994. O seu interese polo campo e mar levouno a fotografiar o mundo agrícola, os diferentes oficios relacionados coa auga e os pesqueiros de altura, nos que embarcou con frecuencia. Jean Gaumy é así mesmo autor-realizador de varios documentais: "La Boucane ",1984 (Gran Premio do Xurado no Festival de Belfort), "Jean-Jacques", 1987 e "Marcel,prêtre",1994.
1084362072jean.jpg
1084362135jean3.jpg
1084362221jean1.jpg
1084362297jean2.jpg
Descargar todas as imaxes