luns, 10 mai 2004
A web municipal pon en marcha o correo cidadán e diversos servicios que achegan o Concello os cidadáns, permitíndolle facer trámites sen ter que desprazarse á institución e dispoñibles as 24 horas do día sete días a semana, e segundo anunciou hoxe a concelleira Lucía Molares.<br />
Instalaranse máis de 600 áreas de recollida selectiva para envases, papel, vidro e pilas, que supoñen máis de 3.000 novos contedores
luns, 10 mai 2004
VIGO RECICLA, a UTE formada por FCC e Contenur ,está a instalar na cidade máis de 600 áreas (450 no casco urbano e 150 no rural) de recollida selectiva de envases, papel, vidro e pilas, que supoñen máis de 3.000 novos contedores. A partires do 30 de xuño, todos os vigueses poderán colaborar coa reciclaxe con este novo servicio que ofrece maior cobertura máis preto dos domicilios. Unha vez instalados os contedores, acadarase un área de recollida por cada 500 vigueses, mellorando o que establece o Plan Nacional de Residuos.
luns, 10 mai 2004
A Biblioteca Central acolle desde o día 11 de maio unha exposición conmemorativa do día das letras galegas que se complementa cun concurso no que os participantes terán que identificar a que obra pertencen unha serie de fragmentos significativos seleccionados pola biblioteca con a obra de algúns dos autores festexados ó longo dos anos neste día, e que formarán parte da exposición.