A partires do 30 de xuño todos os vigueses poderán colaborar coa reciclaxe
VIGO RECICLA, a UTE formada por FCC e Contenur ,está a instalar na cidade máis de 600 áreas (450 no casco urbano e 150 no rural) de recollida selectiva de envases, papel, vidro e pilas, que supoñen máis de 3.000 novos contedores. A partires do 30 de xuño, todos os vigueses poderán colaborar coa reciclaxe con este novo servicio que ofrece maior cobertura máis preto dos domicilios. Unha vez instalados os contedores, acadarase un área de recollida por cada 500 vigueses, mellorando o que establece o Plan Nacional de Residuos.
Cos novos contedores, Vigo terá máis capacidade de recollida de materiais reciclables. Os cidadáns van atopar en cada área un ou dous contedores amarelos para envases (plásticos, bricks e latas), un verde para vidro ou cristal e outro azul para papel e cartón. Tamén haberá outro máis pequeno, destinado ás pilas. Os cidadáns deberán separar na súa casa os distintos materiais e depositalos despois nos seus respectivos colectores.
O funcionamento do servicio prevé a recollida de luns a sábado, en horario de mañá, tarde e noite, segundo sexa casco urbano, rural ou industrias. Os contedores de vidro, por exemplo, non se baldeirarán de noite polo ruído que podería provocar, senón polo día.
O Concello de Vigo quere facer un chamamento á colaboración cidadá. "Non queremos que ningún vigués deixe de colaborar coa reciclaxe por falla de facilidades", sinalou o concelleiro delegado da área de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, quen indicou que VIGO RECICLA terá un teléfono –900 200 012- gratuíto e de atención inmediata, onde os cidadáns poden facer suxestións, preguntas ou avisar de calquera incidencia.
"A partires do 30 de xuño queremos que Vigo dispoña dun servicio realmente eficaz de recollida selectiva de residuos. Reciclar é o mellor servicio que podemos prestar", lembrou o concelleiro.