Vendidas preto da metade das entradas para asistir ao concerto de David Bisbal en Castrelos
martes, 27 xul 2004Bisbal abarrotará, con toda probabilidade, o auditorio de Castrelos o vindeiro 7 de agosto nun concerto único na súa xira.
Bisbal abarrotará, con toda probabilidade, o auditorio de Castrelos o vindeiro 7 de agosto nun concerto único na súa xira.
A exposición da oitava edición do Concurso de Carteis que se celebra cada ano con motivo das Festas do Cristo, terá lugar mañán na aula didáctica do Museo de Castrelos, onde se poderá visitar ata o 15 de agosto.
O auditorio de Castrelos será o protagonista do concerto do conxunto "Mago de Oz" que terá lugar o luns 26 de xullo ás 23.00 horas. O prezo da entrada será de 6 euros, sen asento.
Un total de 14 grupos da cidade actuarán na praza do Rei ata comezos de agosto nun novo ciclo adicado a promover a música dos conxuntos locais. O certame, polo que xa pasaron preto de 80 grupos, contará cun presuposto de 35.000 euros. As actuacións terán lugar ás 23.00 horas e a entrada será libre.
Un espectáculo sustentado sobre a zarzuela e o amor a súa terra que terá lugar ás 23.00 horas no auditorio do parque de Castrelos. O prezo da entrada será de 6 euros, con asento.
O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, presentou o mércores un novo ciclo adicado á música local, que correrá a cargo dunha representación das Bandas da Federación de Vigo. As actuacións terán lugar na praza da Estrela a partir do 25 de xullo e a entrada será libre.
3.000 kilogramos de mexilóns ao vapor e 500 de empanada poderán ser degustados o vindeiro domingo 25 de xullo no parque de Castrelos, dende as 10.30 ás 14.30 horas. O obxectivo destas xornadas gastronómicas, segundo o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, é o de promocionar os productos típicos da terra, moi do gusto da xente que ven de fora de Galicia.
O auditorio de Castrelos acolle o primeiro dos concertos que se inclúen dentro do programa das Festas do Cristo da Victoria 2004. O encargado de inaugurar o ciclo de concertos será o grupo Blondie, que actuará a noite do luns ás 23.00 horas. A entrada terá un precio único de 10 euros, sen asento.
O arxentino Popín Magune coa colaboración do chelo cubano Luis Caballero, actuarán o sábado ás 23.00 horas na praza da Estrela. A entrada será libre.
O domingo, o grupo catalán "La Baldufa", será o encargado de poñer o telón de fondo a un ciclo adicado ao cine e que acolleu dende o 12 de xullo un total de sete representacións na praza da Estrela.