venres, 18 mar 2005
A concellería de Festas e Animación Sociocultural , que dirixe o concelleiro Ignacio López Chaves, programa en colaboración con Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello os actos populares da Reconquista de Vigo que este ano se celebrarán o domingo 3 de abril polas rúas do Casco Vello da cidade.
mércores, 9 mar 2005
Corina Porro visitou os tronos desta procesión que forma parte da tradición viguesa e que se recupera este ano despois de máis de tres décadas de escuridade. A unión das tres cofradías posibilitou a recuperación dos pasos que forman esta fermosa procesión.
martes, 15 feb 2005
A Escola Municipal de Danza celebra este ano os seus 25 anos de existencia cunha programación especial, na que se compaxinan as tradicionais actuacións e festivais con charlas a cargo de folkloristas, etnógrafos e artesáns.
venres, 11 feb 2005
O presidente do Círculo Mercantil, Cándido Rial, informoulle á alcaldesa dos actos culturais que haberá na cidade con motivo da celebración da 30 Asamblea Nacional que se celebrará en xuño. A directiva da sociedade quere asegurarse o apoio do Concello neste importante acto que se celebra en Vigo por segunda vez.
xoves, 10 feb 2005
O Entroido despediuse, como é tradicional, cun loito pouco rigoroso e choros pola morte do Meco. Claro que en realidade o que había era ganas de pasalo ben, como quedou demostrado co desfile do concurso de comparsas que acompañou o cadaleito. O primeiro premio foi para o grupo "Colón é noso", de Valladares.
martes, 8 feb 2005
Os actos do enterro do Meco e o desfile de comparsas que os acompañarán porán o punto e final o mércores 9 ao Entroido de 2005. O desfile percorrerá a avenida de Camelias e, despois de pasar por Álvaro Cunqueiro, acabará na praza de América, onde se celebrarán o responso, sepelio e lectura do testamento do Meco e se darán a coñecer os nomes dos premiados no concurso de comparsas.
venres, 4 feb 2005
Burla, alegría e cor. Xa está aquí o Entroido. Coplas, desfiles, verbenas, música folk, postres típicos, espectáculos circenses nos barrios e monicreques para os nenos conforman o programa deste ano.
venres, 4 feb 2005
O Entroido celébrase tamén nas ludotecas de Vigo con múltiples actividades para os nenos e nenas. Elaboración de máscaras e disfraces, xogos, concursos e merendolas contribuirán a amenizar o Entroido dos máis pequenos.
xoves, 3 feb 2005
O Entroido 2005 ofrece o venres día 4 unha das súas novidades: a final do concurso de coplas. Será a partir das 19:00 no Auditorio do Concello. Despois desta final terá lugar a Entronización do Meco.
mércores, 2 feb 2005
O espectáculo circense do grupo Picompé inaugura as actividades do Entroido nos Barrios organizado pola concellería de Festas e Animación Sociocultural. O xoves, ás 18 horas, o grupo actuará na Praza de Galegos Ilustres e representará a obra titulada "O Novo Circo".