O Entroido chega a Vigo para diversión de pequenos e maiores
Burla, alegría e cor. Xa está aquí o Entroido. Coplas, desfiles, verbenas, música folk, postres típicos, espectáculos circenses nos barrios e monicreques para os nenos conforman o programa deste ano.
O Entroido 2005 espallará estes días a alegría e a diversión por Vigo. Hoxe venres a partir das 19:00 no Auditorio do Concello celebrarase a final do primeiro concurso de coplas, no que participan os grupos La Comparsita, Bouzacoba e Animodo. Despois das cancións satíricas, e mentres o xurado do concurso delibera, procederase á entronización do Meco na Praza do Rei.
O sábado 5 de febreiro a partir das 18:00 terá lugar o desfile do concurso de comparsas, que discorrerá pola Avenida de Camelias, Álvaro Cunqueiro, de volta pola Avenida das Camelias e finalizará na Praza de América. O número de comparsas que participarán neste desfile é maior có rexistrado en 2004. En total, serán 23 as comparsas que compitan no concurso deste ano, fronte ás 19 da pasada edición. A xornada do sábado acabará cunha verbena amenizada polas orquestras "Costa Oeste" e "Suavecito". Será na Porta so Sol das 22:30 ás 02:30.
O domingo día 6 continuará o espectáculo circense do grupo Picompé dentro do programa "Entroido nos barrios". A actuación celebrarase no local da Asociación de Veciños Dr. José Casas Bouzas, no número 2 da rúa do Pazo. Pola tarde, de 16:00 a 20:00, na Praza do Rei e na lonxa e o Auditorio do Concello, os máis pequenos poderán gozar das actividades do "Entroido cos nenos", que inclúen inchables, obradoiros e actuacións. O "Entroido cos nenos" proseguirá o luns 7 e concluirá o martes 8 no mesmo lugar e co mesmo horario.
Tamén o domingo, a partir das 18:00 na Praza da Constitución, terá lugar o espectáculo de monicreques de Ángelo y sus muñecos, coa representación da obra "Don Quijote de La Mancha, Sancho Panza y su molino de viento". Ángelo y sus muñecos, que ofrece o teatro de guiñol máis grande de Europa, ten unha bagaxe de máis de 2.000 representacións en toda España. Arredor de 300.000 nenos teñen falado e xogado coas súas marionetas. Este espectáculo repetirase o luns 7 de febreiro ás 18:00 na Praza de Colón.
A xornada do luns día 7 complétase co Festival Folk do Entroido, que se celebrará na Praza da Independencia de 19:30 a 22:00. O martes 8, desde as 17:00 ata as 20:00, haberá na Praza do Rei unha degustación de postres típicos do Entroido. De 22:30 a 01:30, a Porta do Sol acollerá unha nova verbena, na que actuarán as orquestras "Jerusalén" e "Marbella". Nesa mesma noite, ás 23:45, terá lugar na Praza do Rei o xuízo, sentenza e queima do Meco.
O velatorio do cadaleito do Meco será no día seguinte, mércores 9, ás 18:30 na Praza do Rei. Despois procederase ao enterro deste personaxe emblemático, cun desfile de comparsas acompañando o seu cadaleito a partir das 19:30 desde a Avenida de Camelias, pasando por Álvaro Cunqueiro, de volta pola Avenida de Camelias e acabando na Praza de América, onde terá lugar ás 21:00 o responso, sepelio e lectura do testamento. Unha vez finalizados estes actos, ás 21:15 e no mesmo lugar, procederase á lectura da acta do xurado e porase o punto e final ao Entroido deste ano.
Normas de seguridade
Para que non se repitan os incidentes de anos pasados e as denuncias recibidas en relación con determinadas condutas durante o Entroido, a Concellería de Mobilidade e Seguridade lembra que está prohibido vender e utilizar aerosoles ou calquera outro artigo de broma que non cumpra as normas de seguridade establecidas. Tamén se recorda que nos produtos pirotécnicos para uso infantil deben figurar a marca, o nome do fabricante e a letra e o número asignados polo Ministerio de Industria. Ademais, están prohibidos o depósito comercial, a venda e o consumo de produtos pirotécnicos nos establecementos non autorizados pola Subdelegación do Goberno.
Descargar todas as imaxes