Escoitar

As ludotecas celebran o seu Entroido con actividades creativas e participativas para os máis pequenos

O Entroido celébrase tamén nas ludotecas de Vigo con múltiples actividades para os nenos e nenas. Elaboración de máscaras e disfraces, xogos, concursos e merendolas contribuirán a amenizar o Entroido dos máis pequenos.

venres, 4 feb 2005
1107526103ludoteca3.JPG
Unha das celebracións máis desexadas polos e polas cativas é o entroido, unha festa na que os disfraces son a disculpa perfecta para sair a divertirse. E non só os disfraces, tamén a tarefa de elaboración, a ambientación, as máscaras e demáis elementos supoñen un motivo máis para o xogo.

Nas ludotecas de Vigo, impulsadas dende a Concellería de Xuventude, adícase boa parte das programacións ao entroido. Así, na de Coruxo a fabricación de traxes e complementos, máscaras e maquillaxes creativos se fará con materiais de refugallo. A elaboración e disfrute dos postres e a construcción dun ludomeco son outras das actividades preparadas.

Na Casa da Xuventude se farán decorados e disfraces para o desfile en comparsa, acompañados de cancións e instrumentación previamente ensaiados. Como non, no remate celebrarase unha festa entre os participantes.

Coia centra a súa programación na propia elaboración de disfraces co ánimo de premiar aos mellores nun concurso que terá lugar na mesma ludoteca a xeito de desfile. Os premios: Ao mellor disfraz e ao máis simpático. Despois para todos haberá unha merendola.

Na ludoteca de Lavadores o entroido se plantexa dende o tema central deste mes: O Quixote. Este será pois o eixo para a preparación de traxes, sombreiros e complementos, e á súa vez, o meco será o famoso persoaxe de Cervantes, pero esta vez, sen queimar. A celebración da festa se realizará conxuntamente coa Asociación de Veciños con xogos, bailes e música.

A ludoteca de integración "Hoy por mañana" fará obradoiros de construcción de monstruos , xogos, concursos e demais actividades de estimulación para rematar cunha festa que consistirá nun baquete, baile e concurso de elección do mellor disfraz. Feliz entroido a todo o mundo.

Horarios

Concretamente os horarios das ludotecas son nestas festas:

Coruxo: de 16:30 a 20:00
Hoy por mañana: de 17 a 20:00
Lavadores: de 16:30 ás 20:30
Casa da Xuventude e Coia: Mañán: 10´30-13´30h os días 7 e 8 de Febreiro de 2005 (Entroido)e Tarde: de 16:30 ás 20:30
Descargar todas as imaxes