Escoitar

Vigo e Montevideo: dúas cidades que se desenrolan en torno ao porto

Corina Porro recibiu onte ao vicepresidente uruguaio, co que charlou das similitudes entre as dúas rexións e dunha posible colaboración nalgúns ámbitos.

xoves, 3 feb 2005
1107440673urugua.jpg
A alcaldesa, Corina Porro, recibiu onte na Autoridade Portuaria de Vigo ao vicepresidente da República de Uruguai, Luis Hierro López, que se achegou á cidade en visita protocolaria. Corina Porro deulle a benvida referíndose aos vínculos afectivos que unen a cidade co país sudamericano, principalmente por ser lugar de acollida para os emigrantes galegos nas décadas pasadas. A alcaldesa salientou tamén algúns dos puntos que teñen en común ambas cidades (Vigo e Montevideo), como é a pesca e o desenrolo comercial, do ocio e o turismo en torno ao porto.

Pola súa parte o vicepresidente de Uruguai, Luis Hierro López, destacou a irmandade "necesaria e gustosa" entre o seu país e Galicia. Recoñeceu o vínculo da emigración, se ben está experimentando un cambio de sentido, e agradeceu a boa acollida dos preto de 6.000 uruguaios que hai na rexión.

Luis Hierro López comentou o propicio dunha alianza estratéxica das dúas rexións no ámbito comercial, tan importante "nestes tempos de globalización", dixo. E comentou tamén os intereses comúns de Vigo e Montevideo na creación dunha Área Metropolitana e a rehabilitación dos seus cascos vellos, o que podería derivar "en planes comúns ou algunha colaboración para a consecución dun mellor resultado", finalizou.
Descargar todas as imaxes