Final do concurso de coplas e Entronización do Meco
O Entroido 2005 ofrece o venres día 4 unha das súas novidades: a final do concurso de coplas. Será a partir das 19:00 no Auditorio do Concello. Despois desta final terá lugar a Entronización do Meco.
Os vigueses poderán gozar o venres día 4 dun dos pratos fortes do Entroido 2005. A partir das 19:00 no Auditorio do Concello celébrase a final do primeiro concurso de coplas, ao que concorren os grupos "La Comparsita de Vigo", "Bouzacoba do Freixo" e "Animodo".
"La Comparsita de Vigo" fará unha parodia da Volvo Ocean Race coa música de "Clavelitos". "Bouzacoba do Freixo" participará coa canción "A Corina. Crítica dos vellos do pobo". "Animodo" amenizará a velada con "Son chuzas", "Manda carallo (cos políticos)" e "Telebasura".
Despois da final, e mentres o xurado delibera, terá lugar a Entronización do Meco. A Entronización correrá a cargo da Asociación Cultural "Lareira Teatro", que fará un espectáculo con guión propio. Esta asociación tamén é a encargada de facer o martes 8 o espectáculo da Queima do Meco.
Tamén hoxe venres comezará no Museo "Quiñones de León" a exposición de carteis presentados ao XIX Concurso de carteis do Entroido, que se poderá visitar ata o 15 de febreiro. O horario da exposición é de 17:00 a 20:00 de martes a sábados e de 10:00 a 13:30 os domingos e festivos.
Por outra parte, onte continuou o programa do Entroido nos barrios, cun espectáculo circense a cargo do grupo "Picompé" no local de "El Olivo", no número 5 da Praza de Galegos Ilustres.
Descargar todas as imaxes