Escoitar

Vigo volverá a ser sede da Copa do Mundo de Saltos por carto ano consecutivo

A Copa do Mundo disputarase entre o 10 e o 13 de febreiro, terá lugar no Ifevi e contará con catro dos dez mellores saltadores do mundo.

venres, 4 feb 2005
1107527623hipica.jpg
A cidade de Vigo vai ser escenario, por carto ano consecutivo, da Copa do Mundo de Saltos de Obstáculos, que terá lugar no Ifevi entre o 10 e o 13 de febreiro. A alcaldesa, Corina Porro, asistiu hoxe venres á presentación deste importante evento que tamén contou coa presencia do secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa, a concelleira de deportes, Lucía Molares, e o presidente executivo do comité organizador, Manuel Fernández de Sousa-Faro, entre outras personalidades.

A alcaldesa de Vigo destacou no seu discurso a consolidación deste evento que cada vez conta con máis afección na cidade. Corina Porro confía en que Vigo poida albergar a final da copa do mundo en 2008 e afirmou que con este reto traballa a organización. Respecto a esta edición, a alcaldesa comentou que vai contar con catro dos dez mellores xinetes do mundo e "o que é mellor, o que ven repite", dixo en referencia a o feito de que os tres últimos gañadores estarán de volta este ano.

Segundo Manuel Fernández de Sousa-Faro, presidente do comité organizador, "a importancia da organización deste evento non está en conseguilo unha vez, senón en poder consolidalo no tempo". Segundo Manuel Fernández existían moitos retos, entre os que destacou o de contar cunhas instalacións que puidesen albergar un evento de tales características. Un reto que se resolveu co inicio da construcción dunha nave por parte do Ifevi que contará entre as candidatas para albergar a final da Copa do Mundo.

O presidente do comité organizador destacou a internacionalidade do campionato, que contará con 19 televisións acreditadas, 16 países participantes e máis de 10 medios internacionais especializados, e destacou que a repercusión deste evento deportivo tamén serve para "construír cidade".

O secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, destacou tamén o mérito de repetir por carto ano consecutivo, e explicou que nun evento de tal magnitude, a Xunta non podía estar ao marxe. Por último, José Ramón Lete salientou a nova nave do Ifevi, a cal considerou que se atopa entre as mellores "in door" de España.
1107527623hipica.jpg
1107527686todos.jpg
Descargar todas as imaxes