Escoitar

O enterro do Meco e o desfile de comparsas cerrarán o Entroido

Os actos do enterro do Meco e o desfile de comparsas que os acompañarán porán o punto e final o mércores 9 ao Entroido de 2005. O desfile percorrerá a avenida de Camelias e, despois de pasar por Álvaro Cunqueiro, acabará na praza de América, onde se celebrarán o responso, sepelio e lectura do testamento do Meco e se darán a coñecer os nomes dos premiados no concurso de comparsas.

martes, 8 feb 2005
1107868741desfile.jpeg
A última xornada do Entroido deste ano comezará co velorio do cadaleito do Meco, ás 18:30 na Praza do Rei. A partir das 19:30, os restos do Meco serán acompañados polas comparsas participantes no tradicional concurso, que desfilarán pola avenida de Camelias, logo pola marxe dereita de Álvaro Cunqueiro e chegarán á praza de América.

Unha vez na praza de América, arredor das 21:00, celebraranse o responso, sepelio e lectura do testamento do Meco. Despois disto procederase á lectura da acta do xurado, que determinará os gañadores do concurso de comparsas e cerrará a presente edición do Entroido.

Disposicións de tráfico

Desfile de comparsas do 9 de febreiro

Prohibición de estacionamento

A partir das 10.00 horas do mércores, ata o remate do desfile, prohíbese o estacionamento nas rúas:
PE1.- Rúa Venezuela (dende avda. das Camelias ata Gran Vía), toda a Avda. das Camelias e o tramo oeste da rúa Álvaro Cunqueiro (do núm 2 ó 18) e avda. Castrelos (dende a praza de América ata a rúa Cesáreo González)
PE2.- Prohíbese o estacionamento na rúa Manolo Martínez (dende Avda. Fragoso ata Avda. Florida) para o desvío alternativo.

Peches de tráfico

Pecharanse ó tráfico na tarde do mércores as seguintes rúas:
PT1.- Ás 16.00 ata o pase dos desfiles en rúa Venezuela (tramo comprendido dende avda. das Camelias ata Gran Vía, para a formación do desfile) e os seus accesos dende as rúas transversais de Simón Bolívar, Panamá, Fisterra, Pilar e Taboada Leal.
PT2.- Ás 17.30 horas toda a avda. das Camelias, a superficie da praza América (e no interior do túnel só o sentido cara a avda. das Camelias), Álvaro Cunqueiro (tramo oeste, dende o núm 2 ata o 18) e aos seus accesos dende as rúas transversais de avda. Hispanidade, López Mora, Romil , Doutor Marañón, Chile, D. Quijote, J.Frau, Pintor Lugrís, Pintor Colmeiro, Laxeiro e Otero Pedraio.

Percorridos alternativos no contorno da Praza de América

A1.- O tráfico que se aproxime á praza de América descendendo pola Gran Vía desviarase pola rúa do Carme, baixando preferiblemente ata a circunvalación pola rúa Torres Quiroga (fronte ós frontóns do Pavillón) ou previsiblemente dun xeito máis dificultoso ata a avda. de Castrelos.
A2.- O tráfico que acceda á praza de América procedente de Balaídos desviarase pola rúa Eugenio Krapf e Manuel de Castro, e no último tramo pola rúa Manolo Martínez para o tráfico veciñal preto da praza.
A3.- O tráfico que acceda á praza de América procedente da avda. da Florida (C-550) desviárase pola rúa Darío Durán, accedendo á avda. de Castelao.
A4.- O tráfico procedente da Avda. de Castelao só terá libre a saída polo interior do túnel no sentido cara á Gran Vía, e por superficie só cara á avda. da Florida.
A5.- O tráfico procedente de Beiramar non poderá subir pola rúa Coruña a partir da praza de Eugenio Fadrique a partir das 19.00 horas, terá que desviarse por Beiramar ata a circunvalación por Bouzas ou ben cara ó centro polo túnel de Beiramar.
Permitirase a subida dos autobuses urbanos (Vitrasa) ata a praza de América ata que o permita a afluencia de público; impedirase totalmente a partir das 19.00 horas.
A6.- Autorízase a partir das 18.00 o acceso polo carril-bus de Pi i Margall (desde López Mora ata a rúa Chile), o acceso ós garaxes dos veciños/as das rúas afectadas polo itinerario do desfile.
A7.- De xeito circunstancial, invertirase o tránsito na rúa Álvaro Cunqueiro dende a rúa Colmeiro ata a rúa Zaragoza para acceder os veciños/as e comerciantes ós seus garaxes e comercios.

Alteración das liñas de autobús urbano (Vitrasa, interurbano(ATSA)e outras

Veranse afectadas directamente por desvíos todas as liñas con paradas e que pasan polas rúas Venezuela, Camelias e praza de América.


Posto central de Protección Civil

Establecerase un posto destacado de emerxencias e atención a nenos perdidos na praza da Independencia. En caso de perdas de nenos/as deberán dirixirse ás/ós voluntarios de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e aos axentes da Policía Local.

Recomendacións finais

1. Prevense importantes retencións de tráfico na zona do centro da cidade, polo que se aconsella evitar o uso dos vehículos particulares nela.
2. Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos tramos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencias de ambulancias e bombeiros.
3. Evitar a concentración de público na confluencia das rúas Camelias - López Mora, xunto á saída do túnel da praza de América e subir no muro do túnel polo risco de caídas ó vacío.
4. Manter o control sobre os nenos/as evitando a súa perda e que poidan ser atropelados polos tractores ou carros que participen no desfile.
5. Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de Seguridade da Organización.

Verbena nocturna (martes 8 de febreiro)

O martes 8 de febreiro, dende as 19.00 ata as 03.00 horas da madrugada, pecharase o tráfico á Porta do Sol e rúa Policarpo Sanz.
Co gallo da referida verbena e os seus preparativos, pecharanse ao tráfico a Porta do Sol e os seus accesos dende o Paseo de Afonso XII e dende o extremo contrario das rúas Colón e García Barbón. Permitiranse unicamente ata as 22.00 horas os accesos de Vitrasa e os veciños/as aos seus garaxes.


Percorridos alternativos

AV1.- O tráfico con destino á Porta do Sol e Teis, procedente de Pi i Margall e Romil, desviarase pola rúa Llorente e Gaiteiro Portela en dirección a Beiramar.
AV2.- O tráfico procedente de García Barbón en dirección ás Travesas desviarase pola rúa Pontevedra, dirección á praza de Compostela e Beiramar.
AV3.- Ao tráfico que baixe pola rúa Doutor Cadaval permitiráselle acceder á Porta do Sol e despois cara ó Paseo de Afonso XII só ata as 22.00 horas; a partir desta hora, desviarase pola rúa López de Neira cara á Ronda de Don Bosco e Progreso.
AV4.- Ao tráfico que suba pola rúa Reconquista permitiráselle dirixirse cara á rúa Garcia Barbón ata as 18.00, e pecharase totalmente a partir das 22.00 horas.
Descargar todas as imaxes