As exposicións de Castrelos 2005 centraranse en actividades ligadas á historia da cidade
O concelleiro Ignacio López-Chaves sinalou a recuperación de exposicións ligadas á historia e ao arte da cidade como un dos obxectivos principais do museo "Quiñones de León" para 2005. O museo de Castrelos experimentou un incremento de visitantes do 30 por cen no pasado ano.
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou o programa de actividades do Museo de Castrelos para o 2005, ao tempo que aproveitou para facer memoria do feito no 2004. Segundo López-Chaves o Museo experimentou no 2004 un incremento do 30 por cen en canto a número de visitantes, pasando dos 26.000 rexistrados en 2003 a case 35.000 ao ano seguinte. Outra mellora considerable está no incremento orzamentario, que aumentou en 480.000 euros para situarse en 1.641.000 euros.
Entre as melloras do equipamento do museo acometidas durante 2004, o concelleiro de cultura recordou a finalización das obras de reparación da cuberta do pazo e a reparación, pintado e acondicionamento da sala de exposicións, por salientar as máis destacadas.
As exposicións temporais máis interesantes do pasado ano foron a de Carteis de Entroido, Castrelos Inédito, Vigo 1809: Reconquista, Castrelos Oculto, Recordos de xoguete e Bouzas-Vigo: Cen anos de unión 1904-2004. Ignacio López-Chaves tamén destacou algúns programas didácticos, como o da terceira idade ou o Día do Marqués, e outras actividades como a dos Contos a carón do lume, "coa que o pazo-museo Quiñones de León recuperou unha das actividades que tradicionalmente se desenvolvían no seu interior", dixo o concelleiro.
Neste senso, López Chaves advertiu que un dos principais obxectivos para 2005 é o de organizar exposicións ligadas á historia da cidade. Tamén falou o concelleiro de recuperar outra actividade que faltaba no museo: a investigadora, "tamén vinculada á historia e ao arte da nosa cidade", e recuperar a revista de Castrelos, "que leva algún tempo sen editarse".
Entre as actividades previstas para 2005 no museo "Quiñones de León" destaca a continuación da exposición Bouzas-Vigo: Cen anos de unión, que estará ata 27 de marzo e inclúe visitas guiadas polo casco vello de Bouzas. Serán cada domingo dende o pasado 6 de febreiro entre as 11 e as 12 horas e ata o fin da exposición. Unha monitora esperará a formación dun grupo ante a igrexa San Miguel de Bouzas.
Ademais haberá unha nova exposición do concurso de carteis de Entroido, outra das bandeiras da Reconquista e sabre do mariscal Soult e unha exposición de Arte Sacra. Esta última terá lugar na Casa das Artes entre o 8 de abril e o 29 de maio e estará composta por fondos procedentes das diferentes parroquias e da colección de Castrelos, gardando referencia coas procesións, romarías e outras expresións públicas da comarca.
Descargar todas as imaxes