luns, 20 set 2004
A proxección do film do director e guionista Michael Polish, que acadou o Premio Cidade de Atenas ao Mellor Director 2003, terá lugar no Auditorio do Concello o vindeiro luns 20 de setembro ás 20.30 horas.
mércores, 15 set 2004
O espectáculo, incluído na programación do Xacobeo 2004 "Concertos do Novo Milenio", terá lugar o mércores 15 de setembro ás 22.30 horas no pavillón de As Travesas. As entradas terán un prezo único de 10 euros.
venres, 10 set 2004
A proxección do film de Amer Alwan, que acadou o Premio Signis aos novos talentos do Festival de Cine de San Sebastián 2003, terá lugar o luns ás 20.30 horas no Auditorio do Concello.
Anuncio<br />
venres, 10 set 2004
Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de inscrición na Escola Municipal de Danza para o curso 2004-05, dende o 8 de setembro ao 1 de outubro.
xoves, 9 set 2004
O espectáculo, presentado polo concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, e enmarcado dentro do programa do Xacobeo 2004 "Concertos do Novo Milenio", terá lugar o vindeiro mércores 15 de setembro ás 22.30 horas no pavillón de As Travesas. As entradas terán un prezo único de 10 euros.
mércores, 8 set 2004
A exposición tratará de adentrar aos visitantes na orixe do ser humano e poderá ser visitada nas instalacións do centro ata finais de setembro.
martes, 7 set 2004
Os que desexen apuntarse nos diversos cursos deberán presentar as súas solicitudes nas dependencias da escola, situada na Casa do Concello, a partir do mércores día 8 de setembro. O número total de prazas ofertadas será de 611, para un máximo de 34 grupos.
venres, 3 set 2004
"Zamán, l'homme des roseaux", "Northfork" e "Das testament des Mr. Mabuse", completan a cartelera do Cine Club Lumiere para o mes de setembro. A proxección das películas terá lugar os luns ás 20.30 horas no auditorio municipal.
xoves, 2 set 2004
"Zamán, l'homme des roseaux", "Northfork" e "Das testament des Mr. Mabuse", completan a cartelera do Cine Club Lumiere para o mes de setembro. A proxección das películas terá lugar os luns ás 20.30 horas no auditorio municipal.<br />
xoves, 2 set 2004
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa asociación cultural "Interfolc", as VI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 6, 7 e 21 de novembro, a partir das 20.00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 22 de outubro.