O Centro Cívico de Teis acolle a exposición "Meteoritos e..."
A exposición tratará de adentrar aos visitantes na orixe do ser humano e poderá ser visitada nas instalacións do centro ata finais de setembro.
Son moitas as teorías que tratan de estudiar a orixe do ser humano e demasiados os incrédulos. A exposición "Meteoritos e...", que abrirá as súas portas ata o vindeiro 30 de setembro no Centro Cívico de Teis, tratará de aportar unha base científica ao maior enigma da humanidade.
Así, levará a cabo un percorrido polos meteoritos, posible orixe da nosa vida na Terra, as rocas e minerais que conforman a súa estructura, os fósiles vestixios da vida no pasado xunto aos cranios, un símil dos homínidos que dende o traballo da pedra coma ferramenta (industria lítica da prehistoria), lévannos ao primeiro ordenador doméstico en conseguir un éxito clamoroso.
Toda unha aventura organizada dende a concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo que dirixe Ignacio López-Chaves, en colaboración coa Sociedade Astronómica Galileo Galilei, con sede na nosa cidade.
A exposición poderá ser visitada nas dependencias do centro, sito no Camiño Maceiras-Cancelo.
Descargar todas as imaxes