Escoitar

A alcaldesa convida ao rexidor de Porto a traballar nunha oferta turística común

A alcaldesa, Corina Porro, asiste ao encontro que manterá esta tarde o presidente da Xunta, Manuel Fraga co ministro portugués de Cidades, José Luis Arnault. A reunión terá lugar ás cinco da tarde na Casa do Roseiral en Oporto , e tamén asistirán o secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, Jesús Gamallo e o alcalde da cidade de Oporto, Rui Rio.

mércores, 8 set 2004
Corina Porro explicará no encontro a necesidade de traballar nunha oferta turística conxunta que “promova o carácter xenuíno e a forte personalidade do espacio territorial que compartimos”. Neste senso a alcaldesa invitará ao presidente da Cámara Municipal de Oporto, Rui Rio, a traballar xuntos na saída da Volvo Ocean Race, que terá a Vigo como punto de partida en novembro do 2005, para que ambas cidades pódanse beneficiar realizando unha oferta turística conxunta sobre a “base dos nosos comuns e ricos recursos turísticos”

No transcurso da reunión a alcaldesa ,apelando á cooperación transfronteiriza na euro rexión Galicia-Norte de Portugal , defenderá a importancia da execución do AVE do Eixo Atlántico para un mellor desenvolvemento da zona. A alcaldesa entende que “ as relacións sociais, económicas e culturais beneficiaranse desta fundamental infraestructura para ambas partes”.

Máis información