Escoitar

O goberno impulsa o Plan Estratéxico

A alcaldesa Corina Porro anunciou o impulso que dende o goberno municipal darase ao Plan Estratéxico de Vigo, ao termo dunha xuntanza que mantivo hoxe cos redactores do Plan, Antonio Vázquez Barquero e Jorge Vázquez Gurriarán.

martes, 7 set 2004
1094561271Dsc00071.jpg
A alcaldesa lembrou que o Plan “é un documento consensuado polos axentes sociais da cidade e que daranse os pasos necesarios para que sexa unha realidade coa consecución dos obxectivos finais do mesmo”.

Á espera do nomeamento do novo xerente da Fundación Provigo, organismo do que depende o plan, á alcaldesa encargou aos redactores do mesmo un documento no que se estableza a posta en práctica do Plan.

A alcaldesa indicou que o Plano Estratéxico contempla coma substantivos "o benestar, a calidade de vida, a competitividade e o desenvolvemento empresarial, o emprego e a identidade da cidade" e que, tralo seu desenvolvemento "Vigo afrontará con garantía os retos dunha sociedade máis tecnolóxica, esixente e competitiva". Corina Porro lembrou que o Plano Estratéxico da Fundación Provigo traballa sobre o horizonte do ano 2010.
Descargar todas as imaxes