O Concello adxudica o concurso das obras de reparación xeral das beirarrúas de Vigo
O voceiro do Goberno Municipal, José Manuel Figueroa, calificou, asimesmo, de "boa xestión" o proxecto do Pazo-Museo de Congresos de Vigo ao tempo que anunciou o sometimento a información pública do estudio de viabilidade do mesmo.
O voceiro do Goberno Municipal, José Manuel Figueroa, anunciou na rolda de prensa da Xunta de Goberno Local a adxudicación do concurso das obras de reparación xeral das beirarrúas no Concello de Vigo, que segundo o edil, atópanse nunha situación de "deterioro permanente". Na execución das obras do proxecto de reparación, que correrán a cargo da empresa Sercoysa, autorizarase o gasto de 300.000 euros, sendo de 180.000 para o 2004 e de 120.000 para o vindeiro ano.
Benestar Social
Na área de Benestar Social, a Xunta deu o visto bo á sinatura da segunda adenda da prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Vigo. Un acordo aprobado o pasado mes de xullo para o desenvolvemento dos programas e servizos de tratamento de drogodependencias para o ano 2004, por un importe total de 230.894 euros, por parte do Plan Autonómico.
Asimesmo, e cun claro fin de política social, o concelleiro Ignacio López-Chaves, anunciou que dende o departamento que él dirixe solicitouse ao Instituto Galego da Vivenda e Solo unha serie de subvencións a fondo perdido co fin de posibilitar a mellora no termo da infravivenda rural. O obxecto destes tres expedientes non é outro que o de facer que as familias con baixos ingresos que as habitan poidan acadar unha vivenda digna conservando a súa integración co medio, xa que, atópanse nunha "situación lamentable". De ser aprobada, a proposta abarcaría un presuposto de preto de 50.000 euros.
Deportes
Pola súa parte, o Goberno Municipal ven de estudiar o proxecto de convenio de colaboración en materia deportiva co Real Clube Celta para a organización do Trofeo Cidade de Vigo de fútbol que será presentado o martes en rolda de prensa. O contido do proxecto deste convenio ten un carácter meramente promocional do deporte na cidade e por él o Concello aportará un total de 100.000 euros de cara a celebración, a semana que ven, da competición.
Festas e Animación Sociocultural
Na área de Festas e Animación Sociocultural presentáronse á Xunta a relación de normas e a oferta de prazas para a matrícula nas ensinazas da Escola Municipal de Danza para o curso 2004-2005. En total, ofértanse 366 prazas na Escola Central e 245 nas diferentes seccións ("Música e movemento" e "Danza para escolares"), o que supón un total de 611 prazas.
Participación Cidadá
Outro dos temas tratados na Xunta foi o da autorización da cesión en uso do local do Viveiro de Asociación do Centro de Servizos comunitarios do Barrio Histórico á Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos, quen acadou a maior puntuación entre as catro entidades solicitantes.
E xunto á asistencia de Turismo de Vigo con stand institucional ás feiras de Conxemar, ExpoGalaecia, Salón das denominacións de orixe, Wolrd Travel Market e o Salón Náutico de París, baixo un orzamento de preto de 58.00 euros, o goberno municipal analizou o tema do Pazo-Auditorio de Congresos. Así, a corporación acordou someter a información pública o estudio de viabilidade relativo ao contrato de concesión de obra pública de cara a construcción e explotación do auditorio. O voceiro do Goberno Local calificou de"boa xestión" a tramitación do expediente, que a pesar dos gatos iniciais non aportará ningún coste para o Concello nos vindeiros anos, "liberando así as arcas municipais".