Escoitar

56.000 persoas utilizaron os servizos turísticos da concellería durante o verán

Os servizos turísticos da Concellería de Turismo atenderon a 56.977 persoas durante os meses de xullo e agosto, o que supón un incremento do 60% con respecto ao mesmo período do ano pasado. Os datos presentounos en rolda de prensa a concelleira de Turismo, Lucía Molares.

venres, 3 set 2004
1094212737logotipo.jpg
Logo Turismo
A oficina de información turística que máis xente atendeu foi a de A Pedra cun total de 9.450 turistas no mes de agosto; en segundo lugar está a oficina de Príncipe que atendeu no mesmo mes a 6.064 turistas. En terceiro lugar estaría a oficina de praza de España con 5.478 usuarios.

No mes de agosto o servizo de atención a cruceiristas ofreceu información a un total de 1.127 persoas que fixeron escala na cidade. O bus turístico recibiu ese mes a 2.172 usuarios.

Ocupación hoteleira

Os datos de ocupación hoteleira facilitados polo sector e presentado tamén hoxe en rolda de prensa polo presidente de AHOSVI, Sergio Román, amosan unha ocupación durante o mes de agosto do 88,45% con 234.429 persoas hospedadas. As variacións de ocupación do mes de agosto con respecto o ano anterior significan un incremento da ocupación dun 15 % e dun 4% con respecto ao 2002, situándose o mes de agosto deste ano como o mellor nos últimos tres anos.

Estes datos reflicten,segundo o sector, que a cidade de Vigo consolidase como productos turístico alternativo no noroeste peninsular.
Descargar todas as imaxes