Escoitar
<br />

Exposición pública do padrón do IBI

Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 169 de data 1 de setembro de 2004, estará en exposición pública o Padrón do Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana correspondente ó ano 2004, ata o día 15 de setembro inclusive, na Oficina do Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana do Concello, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.

venres, 3 set 2004
Os/as interesados/as poderán consulta-lo citado padrón e interpoñer contra os actos podéndose interpoñer contra ditos actos con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo anterior, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria e art.137 da Lei 57/2003 das medidas para a modernización do Goberno Local..
,