O Concello destina 451.000 euros a un total de 153 clubes deportivos federados da cidade
As axudas, para a tempada 2003-2004, disribúense entre 40 modalidades deportivas segundo criterios coma aluguer de instalacións, categoría, desprazamentos, participación en campionatos ou organización de actividades.
Na área de Deportes a Xunta de Goberno Local aprobou a concesión de subvencións a un total de 153 clubes deportivos federados de Vigo na tempada 2003-2004, por un importe que ascende aos 451.000 euros. Cantidade a distribuir entre 40 modalidades deportivas baixo criterios coma o aluguer de instalacións, categoría dos participantes, desprazamentos do equipo, participación en diferentes campionatos ou organización de eventos, entre outras.
Os clubes de élite son, neste caso, os maiores beneficiarios das subvencións do Concello, levándose máis de 350.000 euros. Entre eles, destacarían o Club Deportivo Bosco, cunha axuda de 50.000 euros, a Sociedade Deportiva Octavio Vigo, con 54.894 euros, ou o Club Vigo Voleibol, cunha subvención de algo máis de 46.000 euros. Pola súa parte, o Club Atletismo Feminino Celta e o Real Clube Celta de Atletismo recibiron un total de 14.047 euros cada un, sendo de 330.4555 para o ANFIV Club, 17.091 para o Club Deportivo Vigo Fútbol Sala, 21.125 para o Vigo Stick de Hockey, 9.926 para o Vigo Rugby e 21.162 euros para o Xuvenil de Teis.
Por modalidades, atletismo, baloncesto, balonmán, ciclismo, fútbol, petanca, patinaxe, loita, montañismo, xadrez ou ximnasia, continúan sendo os que máis solicitudes presentan de cara ás axudas do Goberno Local, deixando un menor presuposto as demáis disciplinas.