O alcalde avoga por “volver a nosa mirada” á cultura para que a pandemia non “sepulte” a creatividade

xoves, 17 set 2020

No acto de apertura da exposición de Manuel Vilariño no MARCO de Vigo, Abel Caballero quixo sumarse este xoves á demanda do sector en España e defendeu que “a pandemia debe ser argumento para potenciar aínda máis a cultura” e tendeu a man para atopar “un espazo de desafogo, para que a pandemia non sexa unha lousa que sepulte a capacidade creativa” dos artistas.

O Concello incrementará en máis de 600.000 euros a partida para desinfectar colexios

xoves, 10 set 2020

O goberno local aumentará en 617.000 euros o gasto en desinfección de colexios ante a negativa da Xunta de asumir esta responsabilidade. Todos os centros contarán con tres limpezas especiais diarias para o que suporá so neste ano 243.000 euros. En todo caso, o alcalde avanzou a decisión das principais cidades galegas de reclamar ao Goberno autonómico ese gasto.

O goberno de Vigo promove plans de tráfico nos colexios no inicio do curso

xoves, 10 set 2020

A circulación rexistrou unha “absoluta normalidade” no primeiro día lectivo, no que o Concello enviou axentes da Policía Local a vinte centros educativos. O goberno de Vigo apoiará aos colexios delimitando os espazos para os recreos e cedendo instalacións municipais para a súa actividade. Abel Caballero ofreceu colaboración á comunidade educativa: “Estamos á súa disposición”.

O Concello pide á Xunta asumir o custo de desinfección e dialogar con Foanpas para abrir os comedores escolares

mércores, 9 set 2020

Dúas mocións presentadas polo grupo do goberno de Vigo reclaman á Xunta de Galicia que se faga cargo do custo extraordinario de desinfección nos colexios -que presta o Concello e estima en 616.000 euros- e que abra unha mesa de diálogo coa Federación de ANPAS para dotalos de recursos para poder prestar o comedor escolar, aulas matinais e actividades extraescolares.