luns, 2 nov 2020
A Policía Local realizou durante toda a fin de semana multitude de controis para vixiar o peche perimetral da cidade e o cumprimento dos horarios. Segundo explicou Abel Caballero, apenas houbo incidencias e a cidadanía amosou un “altísimo grao” de responsabilidade.
venres, 30 out 2020
Procedentes do Goberno de España, o alcalde explicou que 22.000 se entregarán nos mercados municipais, nas oficinas de distrito e en asociacións de veciños, outras 43.000 máscaras irán para colectivos vulnerables e 10.000 máis, para as escolas deportivas municipais cando se retomen. Este sábado se distribúen as primeiras nos mercados do Calvario, Travesas, Berbés e Cabral.
venres, 30 out 2020
O alcalde de Vigo sumouse este venres ás normas impostas pola Consellería de Sanidade para a cidade debido a evolución da pandemia do Covid-19. “Avalo as medidas, non discuto, pero tamén hai que duplicar o número de PCRs e rastrexadores, así como reforzar a Atención Primaria”, sinalou.
mércores, 28 out 2020
A medida permitirá a público e traballadores cumprir coas restricións á mobilidade desde as 23 horas, decretadas ata o 9 de novembro polo Covid. O alcalde explicou que catro funcións adiantan media hora o seu inicio, esta e a próxima fin de semana.
mércores, 28 out 2020
O alcalde de Vigo advertiu este mércores de que os datos sobre a evolución da pandemia na cidade e na área sanitaria son preocupantes. O conselleiro de Sanidade citou a Caballero a unha reunión mañá xoves e informoulle dos resultados a 14 días, polo que o Caballero pediu á cidadanía que extreme as precaucións porque “empeoramos a certa velocidade, está indo mal”.
mércores, 28 out 2020
A Corporación municipal aprobou a moción socialista que defende a necesidade de coñecer os datos da incidencia do coronavirus na cidade para tomar decisións na loita contra a pandemia. Ademais, o Pleno reclama á Xunta unha partida orzamentaria para os gastos derivados da Covid-19.
mércores, 28 out 2020
A moción foi elaborada e impulsada pola plataforma SOS Sanidade Pública, presentada por Marea de Vigo e apoiada por todos os grupos salvo o PP, que votou en contra este mércores. O acordo solicita á Xunta un incremento do orzamento sanitario, acabar coas restricións de acceso aos centros de saúde e incrementar o persoal de Atención Primaria, entre outros puntos.
martes, 27 out 2020
Abel Caballero reclamou este martes á Xunta de Galicia que incremente substancialmente o número de probas PCR que se fan en Vigo e a súa área sanitaria para combater a pandemia do Covid-19. Ademais, esixiulle á administración autonómica que duplique os rastrexadores e o persoal sanitario.
martes, 27 out 2020
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro cos titulares de Sanidade e de Política Territorial do Goberno de España para consensuar criterios de prevención a nivel local nesta segunda onda da pandemia.
luns, 26 out 2020
O alcalde avanzou este luns que non sacará a concurso a noria e o mercado de Nadal da Alameda despois de que quedara deserta a licitación. Abel Caballero insistiu en que o Concello xa manexa varios escenarios para celebras as festas, todas elas “con seguridade cen por mil”, e insistiu na prudencia.