Escoitar

O Concello inicia este sábado o reparto gratuíto de 75.000 máscaras faciais

Procedentes do Goberno de España, o alcalde explicou que 22.000 se entregarán nos mercados municipais, nas oficinas de distrito e en asociacións de veciños, outras 43.000 máscaras irán para colectivos vulnerables e 10.000 máis, para as escolas deportivas municipais cando se retomen. Este sábado se distribúen as primeiras nos mercados do Calvario, Travesas, Berbés e Cabral.

venres, 30 out 2020
En abril, unha voluntaria entregando máscaras no entorno do mercado do Calvario
En abril, unha voluntaria entregando máscaras no entorno do mercado do Calvario

O goberno de Vigo comeza este sábado a entrega de 75.000 máscaras faciais hixiénicas entre a cidadanía, nun novo lote cedido polo Goberno de España. O alcalde avanzou que o reparto se inicia nos mercados municipais do Calvario, Travesas, Berbés e Cabral.

O alcalde explicou que, do total, 43.000 máscaras irán destinadas a colectivos vulnerables e/ou en risco de exclusión. O Concello traballa xa na súa remisión ás decenas de entidades sociais que colaboran, ONG, comedores sociais, CEDRO e ao propio albergue municipal de Marqués de Valterra, para que o luns poidan ser xa recibidas pola cidadanía. Os usuarios dos servizos sociais do Concello que acudan ás Unidades de Traballo Social tamén obterán máscaras de protección facial.

En segundo lugar, os nenos e nenas das Escolas Deportivas Municipais -cando estas se retomen, xa que agora están paradas pola Covid- serán os destinatarios doutras 10.000 unidades.

As 22.000 máscaras restantes se entregarán á cidadanía nos mercados, oficinas municipais de distrito e nas entidades veciñais, comezando este sábado coas primeiras nos mercados do Calvario, Travesas, Berbés e Cabral. Voluntarios farán entrega dun sobre con catro unidades. A vindeira semana, o goberno de Vigo continuará co reparto no resto dos mercados e nas oficinas municipais de distrito e, nos próximos quince días, a través de asociacións de veciños.

Abel Caballero recordou que Vigo xa distribuíu entre a poboación case que 175.000 máscaras, 100.000 adquiridas polo Concello e 75.000 procedentes do Goberno de España. Co novo lote, o total a repartir entre os vigueses e viguesas ascende xa ás 250.000 unidades.

Descargar todas as imaxes