Escoitar

Caballero: “Temos que extremar precaucións ante o Covid-19 porque en Vigo estamos empeorando e imos na mala senda”

O alcalde de Vigo advertiu este mércores de que os datos sobre a evolución da pandemia na cidade e na área sanitaria son preocupantes. O conselleiro de Sanidade citou a Caballero a unha reunión mañá xoves e informoulle dos resultados a 14 días, polo que o Caballero pediu á cidadanía que extreme as precaucións porque “empeoramos a certa velocidade, está indo mal”.

mércores, 28 out 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores de que o concelleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, púxose en contacto para transmitirlle que este xoves (14:30 horas) haberá unha videoconferencia na que se analizará a evolución da pandemia do Covid-19 na cidade. Ademais, o responsable da administración autonómica informoulle dos datos na cidade nas últimas dúas semanas.

“Creo que é unha boa vía de cooperación, é o que veño reclamando dende hai meses, é un paso da Xunta na boa dirección”, sinalou Caballero antes de mencionar os resultados epidemiolóxicos. Segundo explicou, na cidade houbo 220 casos en 14 días, o que significa que Vigo está un pouco por debaixo da media de Galicia e moi por debaixo da media de España (410), case na metade.

“Sen embargo, cos datos da área sanitaria temos que estar moi atentos, o número de contaxios por PCR, estamos na mala senda e no mal camiño, empeoramos e non pode ser, moita precaución e cautela, estamos mellor que outros sitios pero empeorando, preocúpame moito”, dixo.

Caballero apuntou que é necesario baixar o nivel de contaxios, o índice de positividad e as cifras absolutas, polo que insistiu en recomendar precaución na ponte de Todos os Santos. “É unha época familiar, pero as reunións teñen un tope de 5 persoas e tratemos de utilizar máscara e distancia nos contactos, moita precaución, estamos empeorando a certa velocidade, hai que estar moi atentos”, insistiu.

Descargar todas as imaxes