O Concello aproba a clasificación de empresas para a obra da grada de Marcador
A Mesa de Contratación do Concello de Vigo aprobou este luns a clasificación de empresas para a contratación do procedemento aberto da obra no Estadio Municipal de Balaídos que financiarán ao 50% o goberno de Vigo e a Deputación de Pontevedra. O prazo de execución da obra é de 18 meses.
O alcalde deu conta en rolda de prensa da clasificación por parte da Mesa de Contratación do procedemento de licitación para a selección do contratista que acometa a obra, cun orzamento base de 16.650.000 euros. O financiamento ao 50% do Concello e da Deputación de Pontevedra distribúese en tres anualidades: en 2020: 5.880.000 euros, en 2021: 7.225.000 euros e en 2022: 3.545.000 euros. O prazo de execución da obra é de 18 meses e a previsión municipal é poder adxudicala no mes de novembro, salvo imponderables ou recursos.
Abel Caballero detallou que a nova grada de Marcador contará con 6.418 butacas: 2.791 en marcador alto e 3.977 en marcador baixo. En canto á iluminación, demoleranse as torres exteriores actuais redistribuíndose os 60 focos existentes nas zonas novas dispoñibles.
No relativo ás actuacións que se realizarán, derrubarase a cuberta da grada para construír a nova, adaptaranse os espazos interiores destinados a circulación, aseos, usos propios do estadio, das instalacións e da zona comercial. No subsolo, executarase un semisoto a 5 metros; nos accesos a través da zona porticada inclúense escaleiras e oito ascensores e acometeranse actuacións nas plantas baixa, primeira, segunda, terceira e cuarta.
Ademais, a obra inclúe o cambio de butacas en Río Baixo onde, tal e como se acordou coas peñas do Celta, será retirará unha de cada cinco filas da grada, gañando entre 15 e 18 centímetros entre cada fila de butacas, ofrecendo maior comodidade.