martes, 15 nov 2011
Abel Caballero explicou hoxe martes que o Ministerio de Fomento garante que Vigo será porto central na rede transeuropea de transportes ao ser cabeceira dunha Autopista do Mar, que será rubricada "de forma inminente" polos gobernos español e francés. O alcalde recordou que, vía corrección de erros, o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo de pasaxeiros tamén figurará no mapa europeo.
venres, 11 nov 2011
Abel Caballero informou hoxe venres da recepción dunha carta do ministro de Fomento, José Blanco, que lle comunica que o Porto de Vigo e o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo están incluídos na Rede Transeuropea de Transportes. Tal e como viña solicitando, o alcalde indicou que por vía corrección de erros subsánase estas ausencias.
venres, 11 nov 2011
O alcalde, Abel Caballero, adiantou este venres que os servizos xurídicos municipais estudan fórmulas para reclamar por vía xudicial á Deputación de Pontevedra os 450.000 euros da débeda contraída co Museo MARCO de Vigo, os 90.000 euros coa Fundación ProVigo e os 81.000 euros coa Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (FAIMEVI). O rexedor recordou que é unha "obrigación" do ente provincial coas devanditas institucións.
xoves, 10 nov 2011
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este xoves á dirección galega da entidade, que está a implantarse en Galicia a través de Vigo co obxectivo de divulgar os síntomas da enfermidade e dar apoio ás familias dos afectados. O rexedor sinalou que en 10 ou 20 días terá lugar a presentación pública da actividade desta Fundación nas propias dependencias municipais.
martes, 8 nov 2011
Este martes, AENA procedeu ao levantamente das actas previas á ocupación dos terreos afectados polo Plan Director de Peinador, "o futuro" do aeroporto vigués que inclúe o novo aparcamento de 2.500 prazas xa rematado e as obras "moi avanzadas" para a nova terminal de pasaxeiros. Caballero subliñou ademais que este trámite permitirá saldar a débeda que ven "de anos atrás" cos comuneros de Cabral, por valor de 7,2 millóns.
xoves, 3 nov 2011
Abel Caballero anunciou este xoves o envio dunha carta ao Comisario europeo da Competencia, Joaquin Almunia, indicándolle que sería un "gravísimo erro" rexeitar a alternativa española ao sistema fiscal do tax lease, e causaría un "dano irreparable" no naval vigués. Para o alcalde, Almunia está "obrigado" a aceptalo ou a propor unha alternativa transitoria que permita aos astaleiros continuar operando ata a resolución definitiva do conflicto.
mércores, 2 nov 2011
O alcalde e presidente da Fundación explicou este mércores que o eixo central da actividade de ProVigo será traballar na reactivación económica da cidade, para o que crearanse sendas comisións técnicas e sectoriais para gañar "dinamismo". O plan estratéxico da entidade, que nomeou a José Manuel García Orois como novo xerente, procurará manter as "contas positivas" e actuará en base á "austeridade".
venres, 28 out 2011
O Goberno municipal, co alcalde á cabeza, recibiu esta tarde ao ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, nun encontro no que se fixo un repaso as dotacións xudiciais da cidade. O rexedor "agradeceu" ao membro do Goberno de España a súa implicación coa cidade lembrando a posta en marcha de reinvindicacións históricas en Vigo como o Xuzgado e o Rexistro Mercantil.
xoves, 27 out 2011
Tras unha entrevista co Reitor celebrada hoxe xoves, o alcalde de Vigo explicou que o goberno está a finalizar a distribución do edificio municipal de Areal e avanzou que ofertará á Universidade un espazo no devandito inmoble para o establecemento do Reitorado. Abel Caballero acordou con Salustiano Mato a participación municipal nun proxecto formativo vencellado ao Campus do Mar.
mércores, 26 out 2011
O alcalde de Vigo recibiu hoxe mércores aos organizadores do Congreso de Tecnoloxías de Aprendizaxe do Ensino da Electrónica, que celebrarase na cidade no mes de xuño de 2012. Caballero manifestou o "gran interese" que ten este evento para Vigo por centrar na urbe á investigación internacional do ensino técnico da electrónica e garantiu "cooperación" institucional.