Escoitar

Caballero constata con "agrado que por fin" o PP acepte a proposta técnica de rutas aprobada no Pleno"

Abel Caballero "deulle ao PP a benvida" á posición que o goberno local ven mantendo nos últimos anos sobre política aeroportuaria. Recoñeceu que o PP "deu un paso" aceptando a proposta técnica que se aprobou no pleno o 5 de agosto, pero matizou que ten que definirse sobre cordinación e achegas públicas.

luns, 7 out 2013
1381164368vuelos.JPG
Abel Caballero constatou hoxe "con agrado que por fin, aínda que con retraso", o PP acepte a proposta técnica de rutas que aprobou o Pleno o pasado 5 de agosto. Logo de manter esta mañá un encontro cos grupos municipais, o rexedor deulles aos populares "a benvida á posición que o goberno de Vigo defende desde hai varios anos". Tal e como explicou, durante o encontro houbo acordo unánime sobre o mapa de rutas que precisa Peinador: potenciación de Madrid-Barcelona, transversais a Bilbao, Valencia, Alicante, Málaga, Sevilla, Baleares e Canarias. Así como París, Londres e Bruxelas e, xa a medio prazo, Fráncfort, Basilea ou incluso Milán.

Non obstante, matizou que o PP non amosou "tanto entusiasmo" na coordinación ou sobre as axudas da Xunta ou da Deputación. Recoñeceu "que se deu un paso", pero recalcou que ten que definirse sobre as achegas públicas e que non haxa en Santiago os mesmos vóos que en Vigo.
Descargar todas as imaxes