venres, 11 out 2013
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde esta mañá ao Plan Parcial de Macal, situado entre as parroquias de Castrelos, Matamá e Beade. Cunha superfice de 204.484 metros2, contempla viviendas -cun 45% protexida-, zonas verdes, aparcamentos, equipamentos e un carril bici.
venres, 11 out 2013
O alcalde reiterou hoxe o seu compromiso con facilitar a conciliación familiar e laboral coa aprobación do proxecto para a execución dunha nova escola infantil en Navia, nun momento no que está a piques de abrir a de Castrelos. Coa posta en marcha deste centro, o goberno local duplica as prazas que había hai seis anos.
venres, 11 out 2013
A Xerencia de Urbanismo adxudicou hoxe venres 5 das 7 vivendas que o Concello ofertou no barrio de Navia para familias desafiuzadas. Tal e como indicou o rexedor, de xeito inmediato volverán a concurso os dous pisos que quedaron baleiros.
venres, 11 out 2013
A Xunta de Goberno local deu luz verde á contratación das obras para construir o aparcamento no Polideportivo de Navia. A estas 46 prazas, sumaránse 200 que chegarán co novo polideportivo e outras 85 coa nova redonda de Ricardo Mella. <br />