O Concello anima a participar o domingo no XVIII Cross Escolar da agrupación Castro-San Miguel
O goberno local coopera un ano máis coa posta en marcha do Cross Escolar da Agrupación Deportiva Castro-San Miguel, que este ano acada a súa XVIII edición. Durante a rolda de presentación, o edil de deportes, Manel Fernández, animou a todo Vigo a disfrutar o domingo no circuito de Castrelos.
O circuito de Castrelos acollerá o próximo domingo 13 a XVIII edición do cross escolar da Agrupación Deportiva Castro-San Miguel. Esta proba, que foi presentada hoxe en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ten como obxectivo o fomento do atletismo e a actividade física entre os escolares. O edil louvou esta iniciativa chea de "ledicia e ilusión" e avanzou que o índice de participación rondará os 1.000 inscritos, o que implicará un público de arredor de 2.500 persoas.
Tal e como explicaron os organizadores do evento, haberá medallas para todos os participantes, ademais de trofeos para os mellores de cada categoría. Tamén haberá sorteos entre os participantes de, entre outros obxectos, unha bicicleta cedida polo Concello. O control técnico correrá a cargo dos xuíces da Federación Galega de Atletismo, con tomas de tempo incluida.
Este cross supuxo ao longo de o seus 17 anos de vida o primeiro contacto co atletismo para moitos deportistas, destacando, entre outras, Sandra Mosquera, campiona de España en varias ocasións desde categoría cadete ata promesa; ou Carmela Cardama, actual campiona de España Xuvenil de 5.000 metros. Hai uns anos, engadiuse con moito éxito unha carreira de 1.000 m para pais/nais dos nenos participantes que supuxo un grande éxito de participación.
Descargar todas as imaxes