O alcalde cualifica o Festival Sinsal 11 "como unha das iniciativas musicais máis importantes de Vigo"
A Escola Municipal de Artes e Oficios acollerá o próximo martes 15 o primeiro dos catro concertos que Festival Sinsal 11 traerá á nosa cidade neste outono. Así o avanzaron o rexedor e o codirector do certame nunha rolda de prensa na que presentaron a programación.
O Festival Sinsal 11, "unha das iniciativas musicais máis importantes da cidade" arranca o martes 15 de outubro coa actuación na EMAO do guitarrista norteamericano Steve Gunn. Así o avanzou hoxe en rolda de prensa o alcalde quen, acompañado polo codirector do certame, Julio Gómez, augurou o "éxito" desta décimo primeira edición dun "evento multidisciplinar, aberto e flexible".
O segundo dos catro concertos programados na cidade será o sábado 9 de novembro no Auditorio Municipal, no que actuará Sam Amidon para demostrar a súa capacidade de moverse entre o folk profundo e a música de autor. O sábado 29 de novembro chegará o turno do grupo belga Amatorski que levará o seu pop electrónico ao Marco. Por último, o sábado 14 de decembro, a artista británica Anna Calvi cantará tamén no Marco.
O Concello achega a este certame unha aportación de 10.000 euros, ademais de ceder gratuitamente os espazos da EMAO e do Auditorio Municipal. O alcalde amosou a súa satisfacción por cooperar un ano máis cun festival con grande éxito de público e crítica.
Descargar todas as imaxes