Escoitar

O goberno local compensará a subida do recibo da auga que prevé aplicar a Xunta

A edil de Economía e Facenda, Raquel Díaz, anunciou que o Concello baixará o recibo da auga na mesma medida que a Xunta suba o seu tramo. Así o explicou nunha rolda de prensa na apuntou que o obxectivo é que a taxa non se modifique "nin un céntimo", unha vez que fora conxelada, xunto co resto de impostos e prezos públicos.

martes, 8 out 2013
1381247638RAQUEL.JPG
Raquel Díaz avanzou hoxe o compromiso do goberno local de compensar á baixa a taxa da auga todo o que a suba a Xunta de Galicia, según se ten publicado últimamente. Logo de recordar que este ano, e por primeira vez na historia, o Concello non aplicará o IPC nas taxas, recibos e prezos locais, enfatizou que o obxectivo é que os vigueses "non paguen nin un céntimo máis".

A concelleira lamentou que, mentres o goberno local mantén o seu compromiso de non subir os impostos, outras administracións non fagan o mesmo, en alusión a intención da Xunta de subir o canon da auga. Ratificou o interese municipal en manter esa taxa conxelala, advertindo de que "non imos consentir que nos suban os impostos pola porta de atrás".
Descargar todas as imaxes