O Concello coopera cos concertos de Outono de mar e terra do Orfeón mariñeiro do Berbés
Abel Caballero amosou o seu "agrado" por cooperar desde o Concello "cun xeito de dinamizar a cultura na cidade" a través do ciclo de concertos do Orfeón Mariñeiro do Berbés. Dúas das actucións serán en outubro, o 10 e o 27 e a terceira, o 30 de novembro.
O Orfeón mariñeiro de O Berbés ofrecerá tres concertos ao longo dos dous próximos meses dentro do programa "Outonos de mar e terra". Concretamente, detallou o rexedor, o mércores 10 de outubo, actuarán a partir das 20,30 h na Praza da Constitución; o 27 será na Asociación cultural e deportiva de Lavadores, ás 18,00 horas; mentres que o 30 de novembro levarán as cantigas ata o IES Audiovisuais de Bouzas. Durante a rolda de prensa, Caballero trasladou o seu "agrado" ao cooperar con accións que fomentan "a dinamización cultural da cidade".
O alcalde estivo acompañado na presentación pola tenente de alcalde e concelleira de Cascos Históricos, Carmela Silva; ademais do presidente da asociación de veciños do Casco Vello, Cándido Pérez e do director do orfeón, Luís Prego Fernández.