Escoitar

O alcalde di que en 2014 estará rematado o paseo que circunvalará toda a muralla do Castro

Abel Caballero inspeccionou o inicio dos traballos de demolición do antigo restaurante El Castillo e avanzou que o paseo que circunvalará toda a muralla do Castro estará rematado o ano que ven. O rexedor estivo acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, ademais dos concelleiros de Fomento e Parques e Xardíns, David Regades e Angel Rivas, respectivamente.

luns, 7 out 2013
1381164613castillo.JPG
O alcalde visitou hoxe as obras de demolición do antigo restaurante El Castillo, unha construcción dos anos 50, que tapa unha parte "importantísima" da muralla da fortaleza de Vigo. Trátase, dixo, dunha "tarefa pendente" que permitirá recuperar unha parte da historia da cidade e que toda a muralla de O Castro estea ao descuberto". O edificio está adosado á muralla e tal e como explicou, o derrubamento farase de arriba a abaixo, cun sistema de protección dos restos aqueolóxicos.

A rehabilitación desta zona vense sumar a outras zonas que xa foron recuperadas, como a parte de atrás do estanque dos patos, sempre co obxectivo de definir un paseo que permitirá circunvalar toda a muralla e do que, segundo indicou, poderemos disfrutar ao longo do ano que ven. O proxecto de urbanización exterior inclúe o axardinamento dos dous accesos laterais e na superficie que agora ocupa o edificio. Ademais, cando desapareza o teito do restaurante, quedará "unha gran atalaia" con vistas á Ría, engadiu.

Durante a supervisión destas obras, o rexedor destacou os máis de 2,5 millóns que o goberno local investiu no Castro durante os últimos seis anos. A remodelación dos parques infantís e biosaludables, a ordenación de paseos, a recuperación da fonte, do estanque dos patos, do Poboado Castrexo... son algúns dos exemplos que Caballero degranou. Neste punto agradeceu o seu traballo aos concelleiros de Cascos Históricos, Fomento e Parques e Xardíns, Carmela Silva, David Regades e Angel Rivas, que o acompañaban nesta visita.
Descargar todas as imaxes