O Concello achega 252.000 euros a fomentar o asociacionismo veciñal e cultural
Trinta e sete colectivos veciñais e culturais de Vigo veñen de recibir 252.885 euros para o fomento do asociacionismo e a participación cidadá. Nun encontro con responsables destas entidades, o alcalde comprometeuse a tratar de aumentar esta achega de cara ao próximo exercicio.
O alcalde de Vigo e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, recibiron hoxe mércores aos directivos das 37 entidades veciñais que veñen de repartirse 252.885 euros que o Concello achega para fomentar o asociacionismo veciñal e cultural. Concretamente, 82.882 euros son para actividades e 170.000 para obras e equipamento. Estas achegas compleméntanse, dixo o rexedor, con outros convenios singulares asinados coa Favec, a asociación de Teis, a Miñoca ou a Curva de San Gregorio, nestes últimos casos axúdaselles a pagar o aluguer do local. Caballero reiterou en rolda de prensa o compromiso que adquiriu cos representantes veciñais de intentar incrementar esta partida destiñada ao fomento da participación cidadá de cara ao próximo exercicio.
Descargar todas as imaxes