O alcalde eloxia a exposición Vigo na Fundación Penzol porque recolle "a creatividade da cidade"
Abel Caballero eloxiu hoxe dos 50 anos de traxectoria na cidade da Fundación Penzol durante a inauguración dunha exposición que "amosa a forza creativa de Vigo". Esta mostra permanecerá aberta ata o próximo 17 de novembro na Casa Galega da Cultura.
O alcalde puxo en valor a forza creativa de Vigo en tempos fáciles e máis difíciles, tal e como mostra a exposición que desde hoxe ata o 17 de novembro pode visitarse na Casa Galega da Cultura. Trátase, dixo, "da capacidade de amosar a nosa propia capacidade". Na inauguración dunha exposición coa que esta entidade cultural celebra o seu medio século de vida, Caballero eloxiou a forza da fundación "capaz de continuar a navegar, se cabe con máis vigor nesta época de profunda crise".
Remarcou a importancia cultural deste ano, no que coincide el 50 cumpleanos da Penzol co 150 aniversario de Cantares GalegOS, claves para o desenvolvemento cultural en Galicia. Rematou o rexedor ofertando "o noso apoio á Fundación Penzol para que celebren outros 50 anos".
Os fondos elexidos para esta exposición ofrecen un achegamento á historia de Vigo, amosando a súa traxectoria de dinamismo e identidade da cidade. Está dividida en seis apartados expositivos: Cantores medievales do Mar de Vigo, manuscritos, mundo editorial, libros de temática viguesa, materiais especiais, prensa e revistas.
Descargar todas as imaxes