O Concello apoia unha iniciativa de Fundación Telefónica para desenvolver un proxecto TIC con todos os institutos de Vigo
O alcalde de Vigo, acompañado polo director de Fundación Telefónica, Joan Cruz, mantivo esta mañá un encontro con directores de institutos vigueses para presentarlles un proxecto de novas tecnoloxías. O Think Big schools forma a mozos de 16 e 17 anos no deseño, creación e posta en marcha de empresas dixitais.
Abel Caballero e o director de Fundación Telefónica mantiveron hoxe un encontro con directores de ensino secundario da cidade para propoñerlles sumarse ao Think Big schools, un proxecto de formación en novas tecnoloxías. Durante a reunión, na que tamén estiveron presentes o concelleiro de Fomento e o de Emprego, David Regades e Santos Héctor, respectivamente, o rexedor eloxiou unha iniciativa que forma a estudantes de 16 e 17 anos en todas as fases de desenvolvemento dunha empresa dixital.
Vigo, resaltou o rexedor na posterior rolda de prensa, é a primeira cidade de España en estender esta experiencia a todos os institutos de ensino medio, logo de que se fixera unha proba nun centro da cidade. O rexedor lembrou que ao ver o éxito do programa, él mesmo insistiu na posibilidade de facilitar o acceso a todos os institutos. O obxectivo de Thing Big Schools Fundación Telefónica é ensinar aos mozos a desenvolver un proxecto TIC desde a súa concepción ata a súa posta en marcha, iniciándoos non espíritu emprendedor e trasladándolles as claves da cultura da empresa.
Os cursos, impartidos por profesionais voluntarios de Telefónica, desenvólvense en duás xornadas de 5 horas de duración nas que os mozos son instruidos no traballo en equipo e en todos os procesos de creación dunha empresa dixital -desde a súa concepción, análise DAFO, presentación a posibles inversores e incluso linguaxe html para a elaboración dunha páxina web.
Actualmente, o programa levase a cabo en outras catro cidades españolas, ademais doutros cinco países europeos: Reino Unido, Irlanda, Alemania, República Checa e Eslovaquia.
Descargar todas as imaxes