Escoitar

Cinco familias desfiuzadas vivirán en pisos de titularidade municipal en Navia

A Xerencia de Urbanismo adxudicou hoxe venres 5 das 7 vivendas que o Concello ofertou no barrio de Navia para familias desafiuzadas. Tal e como indicou o rexedor, de xeito inmediato volverán a concurso os dous pisos que quedaron baleiros.

venres, 11 out 2013
Abel Caballero deu conta hoxe venres da adxudicación de 5 das 7 vivendas de titularidade municipal en Navia que o Concello puxo a disposición de familias desafiuzadas da cidade. Respecto destes dous pisos baleiros, o alcalde indicou que sairán de novo a concurso de xeito inmediato. Durante a rolda de prensa, Caballero lembrou que o Concello sigue a apoiar a todas as plataformas antidesafiuzamentos, ademais de manter todas as medidas cohercitivas contra as entidades bancarias que os executan.

Por outra banda, na Xerencia de urbanismo desta mañá aprobáronse 191 licencias de obra y 5 de actividade para un investimento de 762.038 euros.