Escoitar

O rexedor avanza unha enmenda aos PGE para que o Goberno inclúa os 300.000 que lle adicaba ao MARCO

O alcalde achegouse hoxe venres ata o MARCO para participar na presentación de Veraneantes, unha mostra autoxestionada que evidencia a capacidade deste entidade cultural de sobrevivir a crise con formas máis austeras. A exposicion permacecerá aberta ata o 13 de marzo de 2014.

venres, 11 out 2013
1381505224MARCO.JPG
Abel Caballero refereiuse hoxe á Veraneantes como un "xeito retomar as esencias, de entender o remoto" dando forma a unha exposición autoxestionada, con formas máis "auteras". Eloxiou a capacidade do MARCO por sobrevivir á crise e avanzou a presentación dunha enmenda aos Orzamentos Xerais do Estado por parte da tenente de alcalde Carmela Silva para que o Goberno central recupere os 300.000 euros que transfería ao museo, fronte aos 48.000 que recolle o documento tal e como foi presentado. Non obstante, Caballero garantizou a andaina deste contenedor cultural vigués para que siga a ocupar o seu lugar en España e en Europa "aínda que só quede o Concello como promotor".

Desde hoxe ata o próximo 30 de marzo, O MARCO acolle a obra de máis de 20 artistas nacidos nas décadas dos setenta e oitenta, creadores aos que o rexedro se referiu como "un vector de lanzamento cultural da cidade" e aos que lles quixo recoñecer a súa "grande creatividade con escasos recursos". Esta mostra amosa, dixo, a inmensa capacidade creativa de Vigo.
Descargar todas as imaxes