martes, 16 mar 2010
Abel Caballero visitou este martes as obras de humanización da marxe esquerda da Avenida de Europa, desde o colexio "Amor de Dios" ata a Avenida de Samil, cun investimento de 900.000 euros. O Concello acelerará os traballos para ter a beirarrúa lista en verán, e en outono o resto da mellora. Aproximadamente en ano e medio ou dous anos iniciarase a marxe dereita da Avenida, que dará continuidade ao paseo verde da Avenida de Castelao.
venres, 12 mar 2010
O máximo representante da Cámara Alta, Javier Rojo, mantivo este venres unha reunión co alcalde, Abel Caballero, asinou no libro de honra, para despois ser recibido pola Corporación Local de Vigo. En comparecencia conxunta co rexedor vigués, o presidente asegurou que Vigo "é unha gran cidade, con moito potencial" e defendeu o papel dos concellos no modelo das autonomías. Previamente, Javier Rojo pronunciou un relatorio no Pazo Os Escudos dentro da tribuna Fórum Europa.
O Alcalde de Porto, novo vicepresidente, tentará, xunto a presidencia de Vigo, darlle, a entidade transfronteiriza, a maior relevancia política diante dos gobernos de España e Portugal.
xoves, 11 mar 2010
O alcalde de Vigo e presidente do Eixo Atlántico, Abel Caballero, afirmou que entre os acordos adoptados pola executiva, ademais do nomeamento de Rui Rio como vicepresidente, figuran o establecemento dun sistema de funcionamento en rede entre todos os concellos do Eixo Atlántico, tratando de que este sexa un elemento vertebrador da eurorrexión.
mércores, 10 mar 2010
Abel Caballero visitou este mércores os traballos de humanización da rúa Escultor Gregorio Fernández, por valor de 1,13 millóns de euros e que estará rematada en xuño. O alcalde a cualificou como "unha das obras importantes desta cidade", que converterá ao entorno nunha das "zonas notables" de Vigo ao sumar á reforma a nova estación de Urzáiz de Thom Mayne, que terá á súa entrada á altura da rúa.
mércores, 10 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que o Concello de Vigo e o consulado da República de Arxentina en Vigo realizarán actos conxuntos nas celebracións dos seus respectivos Bicentenarios.
mércores, 10 mar 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou esta tarde o Centro de Educación Infantil Mestres Goldar ónde compartiu mesa cos escolares e membros do colexio. O rexidor local realizou previamente un percorrido polas instalacións do colexio para pasar despóis ao comedor escolar. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Educación, Laura López Atrio, e polo director do CEIP, entre outros.
martes, 9 mar 2010
"De Campo Lameiro á Porta do Sol", do pintor Antón Goyanes, é o título da exposición aberta hoxe ao público nas dependencias da Alcaldía de Vigo, donde se poden ver unha serie de acrílicos sobre táboa que resaltan o viguismo do artista que con esa colección de cadros suma a número 12 das exposicións que se desenvolven no edificio do Concello baixo o nome de Mostrarte, outra maneira de achegar a xente en xeral a plástica que se fai en Vigo.
martes, 9 mar 2010
Abel Caballero amosou o apoio municipal ao reitor da Universidade, Alberto Gago, na consecución para Vigo do campus de excelencia do mar. En xullo podería haber unha resolución estatal ao concurso, no que Vigo competirá con máis de trinta propostas. Alcalde e reitor defenden asemade que Vigo acolla a Axencia Estatal de Radiocomunicacións e que a cidade sexa "o responsable técnico de toda a rede de minisatélites da Axencia Espacial Europea". <br />
venres, 5 mar 2010
O alcalde, Abel Caballero, e responsables da concesionaria Eloymar Tranvías asinaron este venres o acta de planteo que supón o inicio efectivo da construcción do aparcadoiro, que contará con 330 prazas. Tal e como aconteceu en Pintor Colmeiro, a construcción do parking rematará coa humanización en superficie do Areal. O tamaño do mesmo reduciuse debido aos restos arqueolóxicos aopados na zona.
xoves, 4 mar 2010
Abel Caballero e Victor Morlán estrevistáronse este xoves para "desbloquear" o trazado vigués da saída sur da Alta Velocidade, o tramo que unirá a estación de Urzáiz con O Porriño, dirección a Portugal. Os técnicos do Concello e do Ministerio estudarán en conxunto as distintas alternativas para "minimizar o impacto" do traxecto do AVE na cidade, e abordarase o plantexamento técnico dunha saída da cidade soterrada. <br />