Escoitar

O alcalde afirma que "se a pesca en Vigo faltara non saberíamos sobrevivir"

Abel Caballero destacou hoxe a importancia da pesca no emprego e na industria de Vigo durante a presentación do libro El sector pesqueiro en Vigo: evaluación do seu impacto socioeconómico, que tivo lugar esta mañá nas instalacións da Autoridade Portuaria. Durante a súa intervención, transmitiu a súas felicitacións ao autor do estudo, Javier Touza.

venres, 10 xan 2014
1389364039puerto.JPG
O alcalde participou hoxe venres nas instalacións da Autoridade Portuaria na presentación do libro El sector pesqueiro en Vigo: evaluación do seu impacto socioeconómico. Acompañado polo seu autor, Javier Tourza, presidente da Coopertativa de Armadores, o rexedor considerou a presentación deste libro como unha homenaxe á comunidade portuaria "porque o Porto somos todos". Transmtiu a súa "satisfacción e orgullo" polo traballo desenvolvido desde o sector vencellado á pesca "porque se a pesca faltara en Vigo non saberíamos sobrevivir".

Referiuse Caballero ao mapa de caladeiros "na que ningunha cidade do mundo ten unha capacidade extractiva similar á de Vigo", ao tempo que aludiu á capacidade "notable" de xerar emprego, ou á lonxa de pesca fresca, con "enorme" capacidade de actuación, actividade "febril que significa riqueza, valor engadido e emprego". No tocante á Autoridade Portuaria, amosou a súa satisfaccón poque as obras do Areal seguen a súa marcha e porque o Porto progresa e a pesca "ocupa o seu sitio".

Neste acto de presentación tamén estiveron presentes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Autoridade Portuaria, Ignacio López Chaves.
Descargar todas as imaxes