O alcalde propón a Zona Franca que a Panificadora albergue un edificio franco
O alcalde propuxo a Teresa Pedrosa inicio dun estudio para que o ámbito da Panificadora albergue un edificio franco como o que funciona no centro de Madrid. Así llo trasladou hoxe xoves durante unha reunión na que acordaron que o próximo Pleno do Consorcio será o mércores 15 ás 19,00 h.
Abel Caballero propuxo á delegada do Estado da Zona Franca, Teresa Pedrosa, que estudie a posibilidade de crear un edificio franco no ámbito da Panificadora como o que está a funcionar na capital de España. Tal e como explicou, o obxectivo é que as empresas que desexen operar baixo as condicicóns de Zona Franca poidan ter alí as súas sedes cos correspendentes privilexios empresariais. Esta medida, precisou, sería "boa" para o Consorcio, ademais de supoñer "unha ventaxa adicional" para o establecemento empresarial na propia cidade. Caballero enmarcou esta petición nunha estratexia de "búsqueda de que Zona Franca retome as súas ubicacións na cidade de Vigo, o verdadeiro motor económico da área", lembrando que en anos anteriores "tomáronse decisións alonxadas de Vigo".
Ao longo do encontro que mantivo esta mañá con Teresa Pedrosa, ademais de fixar o próximo día 15 o Pleno do Consorcio, tamén se abordaron outros temas, segundo explicou o rexedor en rolda de prensa. Concretamente, trasladoulle, dixo, á delegada da Zona Franca a necesidade de acometer na cidade un plan de infraestructuras que pasaría por mellorar o asfaltado dos viais dos espazos que usa todo o conglomerado de Zona Franca -sobre todo na zona de Balaídos-. Finalmente, reclamoulle a este organismo que instale en Vigo as futuras "incubadores" empresarias da gastronomía e aeroespacial xa que, segundo apostilou, hai espazos "dispoñibles" para ser usados no centro da cidade.
Descargar todas as imaxes