O Concello rematará nun prazo dun mes a humanización da rúa Anduriña
O alcalde coñeceu hoxe de primeira man a evolución das obras de humanización que se están a acometer na rúa Anduriña. Tal e como explicou, nun mes estarán rematados os traballos de renovación de beirarrúas, asfaltado e pluviais.