Escoitar

O Concello rematará en 8 meses a humanización de Camelias no tramo entre Independencia e Doutor Marañón<br />

Abel Caballero visitou hoxe os traballos de mellora da rúa Camelias, unha vez rematada a renovación do saneamento en toda a primeira fase -entre Independencia e Doutor Marañón. En 8 meses rematará as obras desta primeira fase dunha humanización que na súa totalidade chegará á rúa Venezuela cun custo de 6,5 millóns.

venres, 10 xan 2014
1389363772camelias.JPG
As obras de humanización da rúa Camelias no treito que vai de Independencia á rúa Venezuela estarán rematadas en 8 meses, tal e como avanzou hoxe o rexedor durante unha visita na que estivo acompañado polo concelleiro de Fomento, David Regades. Tal e como explicou, xa se rematou o saneamento, logo dun traballo moi complicado xa que apareceu un firme de area. Nestes momentos, dixo, vaise comezar coa construcción das beirarrúas en granito e a renovación do abastecemento. Concretamente, colocaránse 9 kilómetros de cañerías, así como 50 puntos de luz, 15 papeleiras, ademais de xardineiras.

Segundo explicou, a humanización completa de Camelias -ata a rúa Venezuela- terá un custo de 6,5 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes